Agrocuir 2022: Nada máis cuir que a natureza

Reivindicamos unha natureza cuir como fonte de fantasías monstruosas que nos animen e conmovan a reivindicar ruralidades vivas e diversas. Convocamos imaxinarios que enraigan na cultura galega, entidades mitolóxicas e máxicas que habitan nas súas fragas. Meigas, bruxas, trasgos, nubeiros, mouras… criaturas que desdebuxan os límites entre seres humanos, animais e vexetais. Mesmo entre o reino da vida e o da morte. Esa ancestralidade que está sempre en constante recreación exprésase en numerosos ritos e celebracións como o Entroido, un momento de liberdade para travestirse e alterar a orde das cousas; para experimentar coas fronteiras entre xéneros, pero tamén para transmutarse coa natureza a partir de cortizas de árbores, musgo ou cornamentas.

👋 Agardámosvos en Monterroso, Comarca da Ulloa, os días 26 e 27 de agosto.

🤑 Lembrade que temos en marcha unha campaña de #microfinanciación a través da que financiamos este festival sen entradas. Precisamos a corresponsabilidade de todes para facer desta unha iniciativa sustentable. Fai a túa aportación a través deste enlace: https://www.goteo.org/project/vii-festival-agrocuir-da-ulloa-2022/participate

🎨Arte, creatividade e deseño do cartaz: Muller de 6 ollos

🤝 Grazas ás organizacións colaboradoras desta edición: Deputación de Lugo, Kachet, Concello de Monterroso, Daveiga – Galletas Mariñeiras, Entropía Folk.

Arrancamos!🫶

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s