Información sobre acampada libre

Xentiña agrocuir! Inesperadamente (ou non tanto) en poucos días reserváchedes todo o espazo dispoñible para a acampada libre, moito máis grande que a da última edición. Neste sentido, pechamos o formulario de inscrición para a acampada libre, xa que non podemos garantir máis espazo. Únicamente nos queda redireccionaros ao espazo da nosa web onde podedes [...]

Agrocuir 2022: Nada máis cuir que a natureza

Reivindicamos unha natureza cuir como fonte de fantasías monstruosas que nos animen e conmovan a reivindicar ruralidades vivas e diversas. Convocamos imaxinarios que enraigan na cultura galega, entidades mitolóxicas e máxicas que habitan nas súas fragas. Meigas, bruxas, trasgos, nubeiros, mouras… criaturas que desdebuxan os límites entre seres humanos, animais e vexetais. Mesmo entre o [...]

Campaña de #crowdfunding VII Agrocuir 2022

Tras dous anos sen organizar o festival, este ano voltamos E para elo, lanzamos unha campaña de #crowdfunding? Axudádesnos? goteo.cc/agrocuir2022 https://www.youtube.com/watch?v=5IcrgqSHrTg Voltamos porque precisamos lugares de encontro onde recuperar todas esas apertas e bicos que perdemos durante todo este tempo. Voltamos para seguir visibilizando as identidades TLGBQIA+ na nosa ruralidade. E tamén para bailar, bailar [...]

VII Festival Agrocuir da Ulloa (2022)

Tras dous anos sen organizar o festival, este ano voltamos. Voltamos porque precisamos lugares de encontro onde recuperar todas esas apertas e bicos que perdemos durante todo este tempo. Voltamos porque precisamos momentos para desexar colectivamente e para celebrar, con orgullo, que seguimos aquí. Voltamos para seguir construíndo baixo as inclemencias refuxios que acollan cada [...]

Campaña de microfinanciación

  Dende a Comarca da Ulloa, no 50 aniversario de #Stonewall✊, erguémonos para poñer en marcha esta campaña de microfinanciación con Goteo coa que poder seguir organizando o Festival Agrocuir. Esta é tamén unha nova oportunidade para visibilizar a comunidad agrocuir e reivindicar un rural en movemento, unha terra coidada e unhas aldeas e vilas [...]