Onde durmir

photo_2022-07-18 19.56.14

⛺️ ACAMPADA LIBRE

Inesperadamente (ou non tanto) en poucos días reserváchedes todo o espazo dispoñible para a acampada libre, moito máis grande que a da última edición.

Neste sentido, pechamos o formulario de inscrición para a acampada libre, xa que non podemos garantir máis espazo.

Únicamente nos queda redireccionaros ao espazo da nosa web onde podedes contactar aos establecementos hoteleiros da comarca: https://festivalagrocuir.wordpress.com/onde-durmir/

Dámosvos as grazas polas ganas que estades amosando de vir ao festival, e pedimos un exercicio de co-responsabilidade colectiva para entre todes facernos cargo da boa marcha do Agrocuir! Saúde, amor e diversidade!

🏨 Lembrámosvos que a continuación podedes atopar tamén información sobre o resto de oferta de aloxamento que ofrece a comarca

dormir

A continuación presentamos unha listaxe de lugares onde poder pernoctar (actualizados a 2022). Ditos lugares están situados nalgún dos tres municipios da Comarca da Ulloa, podéndose atopar a un tempo de entre 1 e 20 minutos en coche.

MONTERROSO

ANTAS DE ULLA

PALAS DE REI